martes, 22 de abril de 2014

GRAVACIÓN DE SON

1. Dixitalización do son
Posto que o son se transmite por ondas analóxicas, o ordenador non é capaz de traballar con el. Ese é o motivo polo que un ordenador ha de converter o sinal analóxico dos sons en sinal dixital, proceso que se denomina dixitalización do son. E este proceso repítese en sentido contrario cando é o ordenador o que ha de xerar son para que se oian mediante uns altofalantes, cascos musicais...
A dixitalización dun son supón tomar mostras do sinal sonoro (mostraxe) cada certo tempo (frecuencia de mostraxe) e medir a intensidade do sinal analóxico (I). Cantas máis veces se mida o sinal sonoro por segundo (frecuencia de mostraxe alta), e canto maior sexa o rango para medir a intensidade (maior número de bits para ter máis valores), mellor calidade terá o son dixitalizado e máis parecerase ao son real.

2. Formatos de son
Cando se dixitaliza o son, a información ha de ser gardada en arquivos nalgúns dos formatos de audio existentes. A continuación detállanse algúns dos formatos de audio máis utilizados.
WAV. É o formato estándar; nestes arquivos almacénanse sons reais en forma dixital.
MIDI. Nestes arquivos non se gardan sons reais, senón ordes para que un sintetizador musical xere a música. Ocupan bastante menos espazo que os arquivos de son real, aínda que teñen peor calidade.
MPS. Son análogos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan bastante menos espazo, con pouca perda de calidade.
OGG. Formato de audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto que está baseado na licenza pública xeral de GNU.
WMA. Estes son os arquivos de audio do reprodutor de Windows Media que veñen incorporados a Windows; son arquivos comprimidos con boa calidade de son. Teñen a particularidade de escoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo fundamental para internet.
Real Audio. É un formato moi utilizado en internet, xa que a súa principal característica é que se vai reproducindo a medida que se le. en tempo real.
MP3. O formato MP3, polo seu extraordinario grao de compresión e alta calidade está practicamente a monopolizar o mundo do audio dixital. É ideal para publicar audios na web xa que se pode escoitar dende a maioría de reprodutores. Presentan unha mínima perda de calidade.

3. Gravacións
Música
Audacity é unha aplicación que permite gravar, editar e gardar os arquivos de audio dende varias fontes diferentes e en distintos formatos. Está dispoñible para Windows e Linux.

Audacity

Voz
Pódese utilizar o Gravador de son que inclúe o sistema operativo. Esta utilidade adoita estar incluída en todos os programas de edición de son e vídeo.

Gravador de son
Hai que enchufar o micrófono na entrada correspondente da tarxeta de son e pulsar sobre o botón "gravar" para realizar a gravación.

CD de audio
Para extraer a música dun CD de audio haberá que recorrer a programas específicos de extracción de audio dixital coñecidos como ripeadores.
En Windows, o Reprodutor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar cancións no disco duro con formato WMA ou MP3.



Tarxeta de son
Entrada de liña de audio (azul). Permite introducir, ao ordenador, son dun aparato externo: unha radio, unha cadea de música...
Porto MIDI/joystick. Permite introducir son directamente dende un instrumento musical ou conectar un joystick para xogos.
Entrada de micrófono (vermello). Permite introducir son do exterior: voz, música...
Saída para altofalantes ou cascos (verde). Permite conectar eses dispositivos para escoitar os distintos sons.
Saída de audio (negro). Envía o son a un amplificador ou gravador externo.


martes, 1 de abril de 2014

LAS MENINAS

TRANSFORMACIÓN
RESULTADO
Reflectir e recortar

Reflicte o cadro horizontalmente e recórtao ata eliminar ao pintor e o teito da habitación.


Reconstruir zonas borradas

Utiliza a ferramenta de clonación para quitar o can da escena e simular o contido que habería na súa posición.


Corear un detalle

Recorta o vestido da infanta Margarita e pégao nunha nova caoa. Utiliza os niveis de cor para corealo de azul.


Centrar a atención

Selecciona os personaxes do primeiro plano, cópiaos nunha capa nova e faina non visible. Desenfoca o fondo e volve a deixar visible a primeira capa creada.


Cambio de estilo pictórico

Aplica algúns dos filtros artísticos para convertir o cadro á técnica da pinturo ao óleo, ao cubismo ou ao impresionismo.


Personalizar a obra

Dá o teu toque artístico ao cadro modificándoo ao teu criterio, por exemplo, dibuxando algún detalle, engadindo novos persoaxes, cambiando cores, inserindo texto, etc.


viernes, 14 de febrero de 2014

6. CONEXIÓN ENTRE DISPOSITIVOS MÓBILES

Dispositivos móbiles
Os avances tecnolóxicos na miniaturización de dispositivos e a evolución das redes inarámicas levaron cada vez máis á integración na nosa sociedade de dispositivos informáticos pequenos e portátiles. Estes dispositivos caracterízanse por ser móbiles, tendo capacidade de procesamento e comunicación en rede, polo que as posibilidades que ofrece son practicamente infinitas: vixilancia, telefonía, música, fotos, vídeo, etc., en calquera momento e lugar.
Entre os dispositivos móbiles inclúense:
-Ordenadores portátiles.
-Dispositivos de man (handheld), como teléfonos móbiles, asistentes dixitais persoais (PDA), gps, videocámaras, etc.
-Dispositivos que se poden levar postos, como reloxos dixitais con funcionalidades semellantes á dos PDA, pezas de vestir con tecnoloxía implantada, sensores, etc.
-Dispositivos inseridos en aparatos, como vehículos, electrodomésticos, etc.
A facilidade de transporte de moitos destes dispositivos, xunto coa súa capacidade para conectarse axeitadamente a redes en diferentes lugares fai posible a computación móbil e ubicua.


Ordenador portátil

Computación móbil e ubicua
1. Chámase computación móbil á realización de tarefas informáticas mentres o usuario está en movemento ou en lugares distintos do seu ámbito habitual. Isto permite que os usuarios poidan acceder a intranet (de casa ou do traballo) dende calquera lugar e poidan imprimir utilizando a impresora máis próxima.
Unha das características esenciais para o uso de dispositivos móbiles é a súa conexión doada á rede local mediante enlaces inarámicos que poden manterse aínda que haxa movemento (trens, barcos, etc.).
Un dispositivo colocado nun novo ámbito reconfigurar se automaticamente e sen intervención do usuario. Por exemplo, un teléfono móbil detecta de forma automática a nova rede ao viaxar a outro país.
2. Computación ubicua é a integración da información no ámbito dos usuarios utilizando dispositivos móbiles que poidan comunicarse entre eles de forma intelixente e transparente ao usuario. Por exemplo, é posible ver a imaxe da cámara de vixilancia no móbil, ou recibir un aviso cando a lavadora remata.

GPS


Tipos de conexión inarámica
A conexión dos dispositivos móbiles necesita redes de comunicacións inarámicas (wireless networks). Existen diversas tecnoloxías de comunicacións inarámicas. Algunhas das máis utilizadas son:
1. Redes WiFi, son redes de área local inarámica para a conexión de ordenadores.
2. Redes WiMAX, son redes de área metropolitana (uns 50 km) que permiten a conexión por banda ancha de alta velocidade.
3. Redes ad-hoc, permiten a conexión directa de dispositivos entre si, sen necesidade de dispoñer dun punto de acceso que centralice a xestión das comunicacións inarámicas de rede.
4. Comunicación WAP, para comunicacións inarámicas por telefonía móbil.
5. Redes por infravermellos (IR), permiten a comunicación entre dous dispositivos, visibles entre si, utilizando ondas infravermellas.
6. BlueTooth, utilízase para a conexión inarámica de curto alcance (10 metros). Esta tecnoloxía inclúena diversos dispositivos como teclados, iPod, móbiles, impresoras, PDA, cámaras dixitais, auriculares, etc., para intercambiar información.


Redes WiMAX

Adaptadores USB
Para converter algúns dispositivos como PC, portátiles, impresoras, etc., en móbiles pódese usar unha tarxeta inarámica ou un adaptador USB. A vantaxe dos adaptadores USB é que non necesitan montaxe, simplemente conectar o adaptador nun porto USB.

Pen drive

Blackberry
É un dispositivo handheld inarámico co que se poden utilizar os servizos de correo electrónico, telefonía móbil, SMS, navegación web e outros servizos de información inarámicos.

Blackberry

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE EL TEMA

martes, 4 de febrero de 2014

5. COMPARTIR RECURSOS

Compartir recursos en Windows
Para poder compartir os recursos en rede é necesario que a configuración de rede de área local estea activada a casa Compartir impresoras e arquivos. para iso, dentro de Conexións de rede, facer clic co botón dereito de rato sobre Conexión de área local para ver as súas propiedades.
Compartir carpetas e discos
Para compartir carpetas ou discos os pasos son similares:
1. Pulsar o botón dereito do rato sobre o que se vai a compartir.
2. Seleccionar a opción Compartir e Seguridade.
3. O cadro de diálogo é diferente en función de que estea activado o Uso compartido simple de arquivos ou non. En calquera caso, seleccionar a opción Compartir esta carpeta.
-Na compartición simple, pódese activar a casa Permitir que os usuarios da rede cambien os meus arquivos se se permite este acceso total a ela na rede; de non a marcar só poderá ser lida ou copiada, non modificada.
-Na compartición con permisos, facer clic sobre o botón Permisos para asignar os permisos aos distintos usuarios.
4. Facer clic en Aplicar e Aceptar para que os cambios fagan efecto.
Ao compartir unha carpeta aparece baixo ela unha man. Este é o símbolo que identifica as carpetas compartidas.

Compartir impresoras
No equipo con impresora:
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e Fax.
2. Pulsar o botón dereito do rato sobre a icona da impresoras e seleccionar a opción Compartir.
3. Activar a casa Compartir impresora.
4. Premer en Aplicar e Aceptar.
5. Visualizarase a icona:






No resto dos equipos:
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
2. Facer clic sobre o enlace Agregar unha impresora e iniciarase un Asistente moi sinxelo no que soamente hai que indicar o equipo da rede onde se encontra conectada a impresora a agregar.
3. Visualizarase esta icona:




Compartir recursos baixo diferentes sistemas operativos
É posible traballar, nunha mesma rede, con equipos que teñen diferentes sistemas operativos instalados. Isto conséguese grazas á aplicación SAMBA de Linux.
Dende Windows, accédese aos recursos compartidos noutros equipos, con Windows ou Linux, utilizando o Ámbito de rede e navegando polos diferentes recursos.




MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O TEMA

viernes, 31 de enero de 2014

4. XESTIÓN DE USUARIOS E PERMISOS

Creación de grupos de usuarios
Linux e Windows son sistemas multiusuarios. Isto permite que varios persoas poidan usar o mesmo ordenador para realizar as súas tarefas.
Ambos os dous sistemas operativos xestionan a información asignando contas aos distintos usuarios. Dependendo do tipo de usuario, e os permisos que teña, o sistema permítelle o acceso aos recursos aos que estea autorizado.
Creación de grupos de usuarios

Identificación
Para entrar nun sistema operativo multiusuario solicítase un nome de usuario (login) e un contrasinal (password).
Unha vez introducidos estes datos, o sistema operativo permite o acceso aos recursos que se teñan autorizados dependendo do tipo de usuario.

Identificación

Xestión de contas en Windows
As contas dos usuarios xestiónanse dende Contas de usuario no panel de control.
Pódense crear novas contas, modificar ou eliminar as existentes, etc.

Xestión de contas en Windows

Espazo de traballo
Ao espazo de traballo dun usuario chámaselle Conta de usuario. A cada conta asígnaselle un directorio específico no disco duro onde se almacena toda a información de cada ususario, os seus documentos, favoritos, personalización do escritorio, etc.


Tipos de usuarios
Normalmente no sistema existe un Administrador e o resto son Usuarios.
-Administrador ou root. É o encargado da configuración e mantemento do sistema. Ten acceso e privilexios sobre todos os recursos. Pode instalar ou desinstalar programas ou hardware, xestionar aos usuarios, etc.
-Usuario. É quen utiliza o sistema e ten acceso aos recursos que o administrador lle permite. Non pode cambiar a configuración nin eliminar arquivos esenciais.
-Grupo. Os usuarios asócianse en forma de grupos para facilitar certas tarefas, como compartir recursos. Cada usuario poderá acceder aos seus propios recursos e aos do grupo ao que pertence.

Tipos de usuarios

Adxudicación de permisos en Windows
Para definir, ver, cambiar ou quitar permisos de arquivos e carpetas en Windows:
1. Facer clic co botón dereito do rato no arquivo ou carpeta e seleccionar Propiedades.
2. Seleccionar a pestana Seguridade. Móstrase un listado de todos os grupos ou ususarios que ten dereitos sobre o obxecto.
3. Utilizar o botón Quitar para eliminar os usuarios que non terán acceso, ou ben, Agregar para engadir novos usuarios.
4. Ao seleccionar un grupo ou usuario móstranse os Permisos de ususario de que dispoñen podendo permitirse ou denegar cada un deles.
Se na ventá Propiedades non se mostra a pestana Seguridade:
1. Facer clic en Inicio.
2. Entrar no Panel de control.
3. Seleccionar Aparencia e temas.
4. Entrar en Opcións de carpeta.
5. Na pestana Ver, desactivar a casa Utilizar uso compartido simple de arquivos, que se encontran no apartado Configuración avanzada.

Propiedades de fotos
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O TEMA

viernes, 24 de enero de 2014

3. CONFIGURACIÓN DUNHA REDE

Configuración
Unha vez instalados os elementos que compoñen unha rede, o seguinte paso é configurar cada un dos equipos para que a rede comence a funcionar.
Tanto Windows como Linux detectan e configuran automáticamente a rede ao instalarse.
Non obstante, en calquer momento pódese verificar ou modificar esta configuración. Para isto desenrólanse os seguintes pasos:
Windows
1. Entrar no menú Inicio.
2. Facer clic co botón dereito do rato na icona Os meus sitios de rede. Aparecerá a icona que informa sobre o estado da rede de área local.
3. Presionar sobre esta icona co botón dereito do rato e seleccionar propiedades.
4. Facer doble clic sobre
Unha vez seguidos estes pasos, aparece o cadro de diálogo coas propiedades da conexión de área local dende onde se pode configurar parámetros referentes á rede, tales como:
-Nome do equipo.
-Grupo de traballo.
-Máscara de subrede.
-Porta de enlace.
-DNS.

Identificación na rede
Cada un dos equipos que pertencen a unha rede debe ter asignado un Nome distinto.
Á súa vez, estes equipos deben pertencer a un mesmo grupo de traballo que identifica á rede.
Exemplos:
-Grupo de traballo:
     CASA
-Nome dos equipos:
     PC Goyi
     PC Alberto
     PC Portátil

Comprobar o funcionamento da rede
WINDOWS
1. Abrir o menú Inicio e facer clic sobre Os meus sitios de rede. Aparece unha pantalla cos documentos compartidos na rede.
2. Para ver todos os computadores que forman parte da rede, facer clic en Ver equipos do grupo de traballo, mostrándose os equipos conectados á rede neste momento.

Conectarse a unha rede WiFi dende un equipo
Un equipo WiFi conéctase automáticamente á rede que haxa ao seu alcance.
Facendo dobre clic sobre esta icona é posible escoller entre unha das redes inarámicas dispoñibles tendo en conta que as redes con seguridade habilitada requiren un contrasinal.

Coñecer a dirección IP
Para coñecer a IP que ten asignada un equipo na rede, executar o comando:
-Ipconfig, se é baixo Windows.

Ping
Utilízase para verificar a correcta conexión cos outros dispositivos da rede. Ping envía paquetes de datos ao dispositivo especificado por unha dirrección IP.
Hai que comprobar as estadísticas para verificar se os paquetes enviados son entregados ou non.




martes, 14 de enero de 2014

2. CREACIÓN DE REDES LOCAIS

Dispositivos de interconexión
Os dispositivos necesarios para poder interconectar todos os equipos, formando unha rede de área local, que variarán en función das características da rede. Os máis comúns son:
 1. Tarxetas de rede. Cada un dos equipos debe ter instalada unha tarxeta de rede. As tarxetas poden ser:
-Ethernet. Utilizan un conector RJ-45, parecido ao do teléfono, que é onde irá conectado o cable.
-WiFi. Son tarxetas inarámicas que permiten conectar o ordenador á rede a través de ondas. Pódese utilizar a de calquera fabricante sempre que cumpra os estándares.
Os portátiles, normalmente, veñen equipados con ambas.
TARXETAS DE REDE
 2. Concentradores. Son os dispositivos que conectan os cables que proceden de cada equipo. Para iso dispoñen de portos con conectores RJ-45. Poden ser:
-Hub. É o máis básico e utilízase para redes pequenas. Os datos que lle chegan son enviados a todos os equipos da rede. O ordenador destinatario recibe a información e o resto omítena.
-Switch. Realiza a mesma función que un hub pero de forma "intelixente", xa que soamente envía os datos ao equipo destinatario.
CONCENTRADOR
 3. Puntos de acceso. Teñen a mesma funcionalidade que os hubs ou switchs, pero substitúen os cables por ondas.
 4. Router. É máis avanzado que un concentrador e permite xestionar direccións IP, conectar distintas redes entre sí, establecer a conexión a Internet, etc. Se o router é inarámico é posible conectarse directamente aos equipos sen necesidade de concentradores ou cableado.
5. Cables de rede. Aínda que existen varios tipos, o máis utilizado en redes locais é o par trenzado. Trátase dun cable formado internamente por oito fíos condutores que se atopan trenzados de dous en dous para apantallalo contra interferencias.
Cando se trata de redes con requirimentos de altas velocidades recúrrese a cable e dispositivos de fibra óptica. Encarece a montaxe dunha rede pero as prestacións son moi altas.

Instalación e configuración de dispositivos
A instalación e configuración de dispositivos de interconexión é moi sinxela. Algunhas nocións básicas son:
1. Tarxetas de rede. Retirar a carcasa do equipo e conectar a tarxeta nunha das ranuras de expansión dispoñibles. É necesario instalar os drivers da tarxeta no equipo; para iso, teremos que seguir os pasos que facilita o proveedor utilizando o disco de instalación.
2. Concentradores. Non requiren configuración e basta con conectalos á corrente eléctrica para que realicen a súa función.
3. Puntos de acceso. Simplemente deben estar conectados, cun cable, ao router ou a outro concentrador.
4. Router. Debe ser configurado cos parámetros do proveedor de internet. Normalmente ven configurado para comenzar a funcionar. Se é inarámico é conveniente asegurarse de que a rede inarámica teña seguridade habilitada para impedir que outros ususarios teñan acceso.
ROUTER
5. Cableado. Un extremo conéctase á tarxeta de rede do equipo e o outro ao concentrador ou router. Hai que ter certas precaucións na súa instalación como non dobrar o cable, non fixalo á parede cun material que poida danalo, etc.

Conexión dos compoñentes
Actualmente a maioría das redes están organizadas en torno a un punto central que interconecta os dispositivos que a compoñen. Esta estructura coñécese como topoloxía en estrela e caracterízase por conectar todos os equipos a un concentrador.
Un dos equipos desta rede pode actuar como servidor de impresión, servidor de correo, etc.
Para que a rede teña conexión a internet, soamente hai que conectar o concentrador a un router conectado a internet. Isto convirte esta rede de área local nunha intranet.
Para crear subredes ou ampliar redes é posible conectar concentradores entre sí utilizando un porto especial que dispoñen para iso.
Topoloxía en estrela
Redes mixtas
É  posible crear unha rede mixta con equipos cableados e equipos inalámbricos.
Para isto utilízase un punto de acceso inalámbrico. Este punto permite conectar ambos tipos de redes. É moi útil para conectar un portátil ou equipo alonxado a unha rede cableada.
REDES MIXTAS

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O TEMA

1. REDES INFORMÁTICAS



Unha rede é un conxunto de ordenadores conectados entre sí que poden compartir datos e recursos. A rede máis simple consta de dous ordenadores e a súa complexidade pode aumentar ata conectar miles de ordenadores en todo o mundo, tal como Internet.

Tipos de redes.
As redes informáticas poden clasificarse según:
Tamaño ou área de cobertura.
1. Redes de área local (LAN, Local Area Networks). Son redes de pequena extensión, como a dun edificio ou unha casa.
2. Redes de área extensa (WAN, Wide Area Networks). Estas redes interconectan equipos xeográficamente dispersos, como unha cidade.
Nivel de acceso ou privacidade.
1. Internet. É unha rede mundial de redes de ordenadores. Caracterízase por ser de acceso público e permitir aos seu usuarios comunicarse e compartir información e servizos en todo o mundo.
2. Intranet. É unha rede local que utiliza ferramentas de Internet, como o correo electrónico. Pódese considerar como unha Internet privada que funciona dentro dunha mesma institución.
3. Extranet. É unha rede privada virtual resultante da interconexión de dous ou máis Intranets utilizando Internet como medio de comunicación.

Equipos nunha rede
As redes locais soen diferenciarse:
1. O servidor. É o ordenador que proporciona recursos compartidos e servizos aos usuarios dunha rede. Os servizos poden ser web, correo electrónico, etc.
2. Os clientes. Son o resto dos equipos conectados á rede. Normalmente estes equipos traballan de forma autónoma accedendo á rede para intercambiar información ou utilizar os recursos ou servizos que ofrece o servidor.

Redes WLAN
Un tipo de redes de área local bastante extensa son redes de Área Local Inalámbricas ou WLAN, Wireless Local Área Networks. Estas redes permiten aos usuarios acceder a información e recursos sen necesidade de estar físicamente conectados a un lugar determinado.

Recurso compartido
É calquer dispositivo, conxunto de datos ou programa que pode compartirse nunha rede. Poden ser recursos compartidos os arquivos, as carpetas, unha base de datos, o disco duro, unha impresora, un lector de DVD, etc.

Conceptos básicos
Cando se traballa con redes é necesario coñecer unha serie de conceptos que son básicos para a súa montaxe, configuración e posterior uso. Algúns de eles son:
1. A comunicación. É o proceso que involucra a un emisor, a unha mensaxe que sera transmitida a través dunha canle e a un receptor.
Nunha rede, os ordenadores son emisores e receptores ao mesmo tempo. A canle é o medio polo que circulan os datos: cables, fibra ópica, ondas, etc.
2. Protocolo. Para que o emisor e o receptor podan entenderse entre sí é necesario que utilicen unha mesma linguaxe. Na informática, a esta linguaxe e conxunto de regras chámaselle protocolo. O máis utilizado é o que emprega Internet e chámase TCP/IP.
3. Dirección IP. É a dirección de rede do ordenador. Cada un dos ordenadores que forman parte da rede identifícase por un número denominado dirección IP. Esta dirección está formada por catro números separados por puntos, cada un dos cales pode tomar valores entre 0 e 255.
4. Máscara de rede. Número similar á dirección IP que determina qué parte da dirección IP especifica ao equipo e qué parte á subrede. Utilízase para crear subredes.
5. Grupo de traballo. Os equipos agrúpanse en subredes para facilitar o seu uso. Para que os equipos dunha rede poidan conectarse entre sí teñen que estar no mesmo grupo de traballo.
6. Porta de enlace ou gateway. É a dirección IP a través do cal sáese da rede local cara ao exterior, xa sexa outra rede ou Internet. Soe ser a IP de router.
7. DNS, Sistemas de Nome por Dominio. As direccións IP son difíciles de recordar para os usuarios. Por iso utilízase o DNS que asocia as direccións IP a un conxunto de palabras máis fáciles de recordar.

Video redes informáticas.

Máis información sobre redes informáticas